• Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal
martes, noviembre 11, 2025
  • Login
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
Redeiros

Dereitos da Infancia: Aprenden e Participan nos seus dereitos 👧🏻👦🏼

Actividades e reflexións sobre os dereitos da infancia

admin by admin
11/03/2025
in Dereitos da infancia, Participación infantil, Redeir@s
0
Xuntanza de Participación Infantil e Adolescente na Plataforma de Infancia de Galicia
0
SHARES
60
VIEWS
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Os dereitos da infancia son fundamentais para garantir un futuro seguro e xusto para nenos, nenas e adolescentes. No noso último proceso participativo mozas e mozos de Galicia tiveron a oportunidade de coñecer e facer seguimento dos seus dereitos.

Con motivo da conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia mediante a Plataforma de Infancia estatal en colaboración co Ministerio de Xuventude e Infancia e a Xunta de Galicia, organiza un proceso participativo para que nenos, nenas e adolescentes poidan coñecer e facer seguimento dos seus dereitos, recollidos na Convención sobre os Dereitos da Infancia (CDN).

💡 Dentro do proxecto Dereitos da Infancia: Aprenden e participan nos seus dereitos, este ano o lema é «ISTO VAI DE DEREITOS» dentro do proceso participativo dos Dereitos da Infancia 2024 e propoñémosvos participar neste proceso para reflexionar e dialogar con mozas e mozos sobre o cumprimento de 4 dereitos, elixidos por elas e eles mesmos:

❌O dereito á non discriminación

🪁O dereito ao xogo e ao tempo libre

🛡️O dereito á protección fronte á violencia

🩺O dereito á saúde

En particular, dende o grupo de Participación Infantil e Adolescente da POIG xa participamos neste proceso participativo centrándonos en dous Dereitos da Infancia fundamentais: o Dereito á Protección Fronte á Violencia e o Dereito á Non Discriminación.

A continuación mostrámosvos as actividades que realizamos!

Dereito á Protección Fronte á Violencia

Para abordar o Dereito á Protección Fronte á Violencia, realizamos unha actividade chamada «Inventar unha Historia Colaborativa».

Nesta actividade, colocamos ao grupo en círculo e comezamos a crear unha historia utilizando un pano como símbolo de protección e coidado. Cada neno e nena achegou unha parte á historia, empregando o pano de diferentes maneiras para representar accións de bo trato e protección. Anotamos todas estas accións nun lugar visible para todos e todas.

Preguntamos aos participantes sobre as accións de bo trato que máis lles sorprenderon e as máis comúns. Reflexionamos sobre como crear contornas seguras e que precisamos para fomentar o bo trato cara aos demais.

Ao final da actividade, explicamos a importancia da LOPIVI (Lei Orgánica de Protección Integral á Infancia e a Adolescencia fronte á Violencia) e como define as contornas seguras.

Actividade de participación no exterior

Dereito á Non Discriminación

A segunda actividade que realizamos centrouse no Dereito á Non Discriminación.

Lemos diferentes situacións en alto para que os mozos e mozas decidiran de maneira individual se eran afirmacións verdadeiras ou falsas. Esta dinámica xerou un debate enriquecedor onde os participantes argumentaron as súas eleccións e puideron cambiar de opinión tras escoitar aos seus compañeiros.

Durante esta xornada, reflexionamos sobre as situacións onde as persoas adultas lles din “aínda non tes a idade” e debatemos sobre se as mozas e mozos son tratados como persoas con dereitos.

A través desta actividade, entendemos mellor a importancia de promover a igualdade e o respecto mutuo en todos os ámbitos da vida.

Movéndonos polos nosos dereitos

Impacto e Futuro: A Reflexión sobre os Dereitos da Infancia

En conclusión, esta xornada de aprendizaxe e concienciación onde as nenas, nenos e adolescentes reflexionaron sobre os Dereitos da Infancia e a importancia de protexer a Convención. Este tipo de actividades non só fomentan o coñecemento dos dereitos da infancia, senón que tamén promoven a participación activa e o empoderamento dos máis novos.

A través destas dinámicas, conseguimos que os nosos mozos e mozas se sintan escoitados e valorados, creando un espazo seguro onde poden expresar as súas ideas e preocupacións. Por este motivo, é fundamental seguir traballando para garantir que todos os nenos, nenas e adolescentes poidan gozar plenamente dos seus dereitos.

Reflexionando e falando das nosas preocupacións e propostas

Financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asigna ción tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda daspersoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2024.

Source: Plataforma da Infancia, Redeiros
Tags: Dereitos da InfanciainfanciagaliciaParticipacion infantilRedeiros_as
Previous Post

Xuntanza de Participación Infantil e Adolescente na Plataforma de Infancia de Galicia

Next Post

Final de Curso: Unha Oportunidade para Reflexionar sobre os Dereitos da Infancia

Related Posts

Unha nova xornada de participación de Redeir@s cara ao Día da Infancia 2025
Dereitos da infancia

Unha nova xornada de participación de Redeir@s cara ao Día da Infancia 2025

04/11/2025
Cando a escola se converte nun lugar de vida. Educar con dereitos e participación
Educación

Cando a escola se converte nun lugar de vida. Educar con dereitos e participación

09/09/2025
Diez representantes de la POI de Galicia se incorporan al CAIA en su nueva legislatura
CAIA

Diez representantes de la POI de Galicia se incorporan al CAIA en su nueva legislatura

02/06/2025
A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación
Dereitos

A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación

26/05/2025
Xuntanza Redeir@s – Dereitos, retos e rede
Ocio-Tempo libre

Xuntanza Redeir@s – Dereitos, retos e rede

13/05/2025
Historias para entendernos mellor – 23 de abril, Día do Libro
Dereitos da infancia

Historias para entendernos mellor – 23 de abril, Día do Libro

23/04/2025
Next Post
Falando en circulo dos nosos dereitos

Final de Curso: Unha Oportunidade para Reflexionar sobre os Dereitos da Infancia

Financia:

Siguenos

  • Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal

Copyright © 2021 Redeiros

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti

Copyright © 2021 Redeiros