• Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal
viernes, junio 13, 2025
  • Login
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
Redeiros

A nosa opinión: Educación.

admin by admin
22/06/2022
in Dereitos da infancia, Educación, Redeir@s, Uncategorized
0
A nosa opinión: Educación.
0
SHARES
151
VIEWS
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Hoxe 22 de xuño rematanse as clases en gran parte dos centros educativos galegos. Os mozos e mozas do Grupo de Participación Infantil e Adolescente da POIG, trasdaronnos a súa opinión para mellorar a educación.

Inicialmente faláronnos dos espazos de participación dos estudantes nos centros educativos. «Deberíanse crear sindicatos de estudantes en tódolos centros, para poder trasladar as ideas e opinións dos nenos e nenas.» «Deberíamos poder opinar sobre os cambios que se van a realizar nos nosos centros.»

«O sistema educativo decídeno as persoas adultas, pero sufrímolo os nenos, nenas e adolescentes».

Con estas frases destacan a importancia de escoitar e dar espazos de participación á infancia e adolescencia como forma de mellorar a educación.

En segundo lugar, trasladaron a necesidade de revisar os contidos. Demandan contidos útiles, que os preparen para a vida adulta. «Que nos enseñen cosas para el día a día, economía aplicable: ler un contrato ou unha factura…». Destancan que o foco do sistema está en memorizar datos que na sociedade actual teñen a un click. Facer economía e matemáticas aplicable para o día a día e revisar os contidos necesarios para o día a día como persoas adultas para non saturar o currículo escolar. Esta saturación do currículo escolar, afecta tanto a docentes que non poden adaptar a metodoloxía, como a mozos e mozas que teñen que memorizar moita información en pouco tempo.

Mozas do Grupo de Participación Infantil e Adolescente opinando sobre a Educación.

Posteriormente, destacaron a importancia da presenza de profesionais da psicoloxía nos centros educativos. «Escoita activa de un psicólogo/a ou orientación con coñecementos de psicoloxía. «Os mestres deberían ter coñecementos de psicoloxía, emocións.» «Que o profesorado escoite e de apoyo, charlas de psicólogos con experiencia.»

Un colectivo moi olvidado son os mozos e mozas con Necesidades Especiais. As persoas con algún tipo de diversidade, sinten moitas veces soidade e abandono por parte dos equipos docentes. Para as persoas con necesidades especiais o paso polo instituto, non é un impulso positivo para a inclusión. No seu lugar resulta ser unha mala experiencia que perpetúa a aceptación dun trato discriminativo e insensible.

O sistema educativo non se adapta ás necesidades de este colectivo, tratando únicamente que este se adapte ao sistema.

Destacan a importancia do apoio emocional nos centros. A necesidade que se valore a saúde mental, entendendo que as faltas son igualmente xustificables en caso de saúde física (unha dor de cabeza) que de saúde mental (estar pasando por unha situación difícil na casa).

Por último, falan da importancia das actitudes do profesorado para o seu desenvolvemento pleno:

  • «Os profesores non deberían xulgar como sentimos, sentimos xulgados cando nos expresamos».
  • 2O trato que teñen algúns profesores cos alumnos: Superioridade, non tratar con respecto, favoritismo ou teimas, comparación con irmáns/ as etc

Como conclusións, podemos ver que as demandas dos nosos mozas e mozos non son nada disparatadas:

  • Que se lles teña en conta nas decisións referentes á súa educación.
  • Contidos útiles para a vida adulta, independentemente do nivel de estudos co que remate unha persoa.
  • Apoio psicolóxico nos centros educativos.
  • Respeto e apoio por parte de docentes. Destacando a importancia do apoio á persoas con discapacidade e Necesidades Educativas Especiais.
  • Importancia de valorar o ocio e tempo libre como parte da educación.

Podedes seguir as seguintes publicacións nas nosas redes:

– Espazo Web: https://redeiros.org/

– Instagram: https://www.instagram.com/redeiros_as/

– Facebook: https://www.facebook.com/redeiros.as/

– Twitter: https://twitter.com/Redeiros_as

Previous Post

Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2022!

Next Post

Por un sharenting responsable

Related Posts

Diez representantes de la POI de Galicia se incorporan al CAIA en su nueva legislatura
CAIA

Diez representantes de la POI de Galicia se incorporan al CAIA en su nueva legislatura

02/06/2025
A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación
Dereitos

A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación

26/05/2025
Xuntanza Redeir@s – Dereitos, retos e rede
Ocio-Tempo libre

Xuntanza Redeir@s – Dereitos, retos e rede

13/05/2025
Historias para entendernos mellor – 23 de abril, Día do Libro
Dereitos da infancia

Historias para entendernos mellor – 23 de abril, Día do Libro

23/04/2025
O arco da vella que levas dentro
Educación

O arco da vella que levas dentro

11/04/2025
Internet segura para protexer os nosos dereitos no mundo dixital
Dereitos da infancia

Internet segura para protexer os nosos dereitos no mundo dixital

11/02/2025
Next Post
Autoría Freepik

Por un sharenting responsable

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Financia:

Siguenos

  • Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal

Copyright © 2021 Redeiros

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti

Copyright © 2021 Redeiros