• Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal
viernes, junio 13, 2025
  • Login
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
Redeiros

Manifesto Día da Infancia

admin by admin
20/11/2022
in Dereitos, Dereitos da infancia
0
Manifesto Día da Infancia

dav

0
SHARES
214
VIEWS
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Hoxe 20 de Novembro, celebramos un ano máis o Día Mundial polos Dereitos da Infancia e Adolescencia. Para isto, trasladamos o Manifesto do Grupo de Participación da POIG.

Neste día, queremos unir a nosa voz ás súas e trasladar as opinións que nós, os mozos e mozas de Galicia temos para compartir.

«Como todas e todos sabemos, unha das temáticas que máis nos afecta segue a ser a educación. Na cal podemos destacar a desmotivación xeneralizada que existe na xuventude por ir a clase. Esta falta de ilusión, non ven do vacío. Senón da pouca practicidade das clases que recibimos para a nosa vida. Un ano mais, insistimos na importancia de clases mais prácticas e aplicables á vida adulta. Como dixo unha das nosas compañeiras: “Un logaritmo é moi raro que vaiamos a utilizalo de adultos. Pero en cambio, todas imos precisar aprender a ler un contrato ou a calcular canto cotizamos”.

Sabemos que o problema non se soluciona só con elixir as clases que mais nos gusten. senón con que estas teñán contidos útiles e que nos mostren a súa relevancia na vida adulta. Para isto queremos dar valor as formacións profesionais, que nos vemos mais orientadas á vida. Vemos o Bachalerato un camiño moito mais teórico con contidos moitas veces irrelevantes para unha vida diaria que non se relacione con ningunha carreira específica.

Neste manifesto polo día da infancia, queremos insistir na importancia de que as políticas e propostas que se leven a cabo. Escoiten e valoren a opinión dos mozos e mozas, e que as propostas que se fan sobre a mellora da educación, non se queden en palabras vacías que non se chegan a levar a cabo.

Tamén queremos falar do bo trato e a non discriminación, tan en portadas neste último ano. Destacamos  a importancia da sensibilización á xente nova para evitar as discriminacións á iguais e a tódalas persoas. Sabemos  da importancia de educar dende pequenos, xa que no noso día a día coñecemos casos de nenos e nenas que con só 3 anos, xa teñen actitudes machistas, racistas etc, debido á educación que reciben na casa.

E necesario visibilizar as diferentes realidades, sensibilizar e normalizar as diferentes realidades para ver como se rompen tabúes. Cantas mais persoas falan e visibilizan un tema, mais se normaliza e se abre á xente a aceptalos.

Sinalamos a importancia de escoitar e respectar tódalas opinións, xa que en algún momento tódalas persoas podemos equivocarnos ou opinar diferente aos demáis, pero o respecto sempre ten que estar presente.

Gustaríanos destacar a reflexión de unha das participantes desa Xornada de participación, que sinala: “Vivimos nunha sociedade moi extraña, onde criticamos ás persoas que non son “normais” pero ao final nadie pode dicir que sexa “normal” xa que tódalas persoas somos diferentes”.

Non queremos perder este día para falar da familia, da importancia de ter un círculo de apoio seguro. Facemos fincapé na importancia de que se respecten as nosas opinións mais alá da nosaidade. Dentro das familias pode haber desacordos, pero tódalas persoas independentemente da nosa idade, debemos ter un espazo para trasladar os nosos argumentos e as nosas opinións, e deben ser escoitados e tidos en conta. “Os adultos deben ser flexibles, e valorar as nosas palabras para poder chegar a acordos con nos”. Sexamos menores ou persoas adultas, debemos ser empáticos e tratar de comprender porque cada persoa quere cada cousa.

Un debate que se debe abrir é a idade de voto. Unha persoa que nos non escollemos de ningún xeito, e que non ten que dar contas fronte á infancia e xuventude, non pode asegurarnos que vai a defender os nosos intereses. Sabemos que non é un debate fácil, no que esteamos todas as persoas de acordo nos mesmos puntos, pero ten que falarse e darse mais espazo as nosas opinións. Non podemos olvidar, que en certas ocasións, sendo menores podemos vivir de forma independente, pero en ningún caso ter unha participación política real.

Por último, mostramos a nosa desconformidade coa xestión habitual que se realiza dende os poderes públicos das cuestión referidas á infancia, nas cales non nos sentimos representadas: “Porque celebramos os actos relacionados coa Infancia ou co Día da Infancia pola mañá? Se nós somos os protagonistas, deberían facerse en horarios nos que nos poidamos acudir, non cando temos clase”.

Os NNA somos persoas de pleno dereito. O único que precisamos para ter unhas opinións formadas e completas da realidade e que as persoas adultas facilitedes espazos para debater, escoitar opinións e realidades diferentes, e ter á nosa disposicións información veraz e adaptada.

Para rematar, queremos recordarvos o lema deste ano da Plataforma de Organizacións de Infancia. O que nos merecemos e defendemos hoxe: “Participamos, porque é o noso dereito!”.

Grazas».

Este foi o seu Manifesto polo día da infancia e adolescencia.

Grupo de Participación da POIG

Tags: 20NDía da infanciainfanciagalicia
Previous Post

Celebramos o Día da Infancia en Ourense!

Next Post

Acto Central Dereitos da Infancia

Related Posts

A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación
Dereitos

A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación

26/05/2025
Historias para entendernos mellor – 23 de abril, Día do Libro
Dereitos da infancia

Historias para entendernos mellor – 23 de abril, Día do Libro

23/04/2025
Internet segura para protexer os nosos dereitos no mundo dixital
Dereitos da infancia

Internet segura para protexer os nosos dereitos no mundo dixital

11/02/2025
Nova formación en liña: “Guía de Formación de Activistas Xuvenís polo Dereito á Educación”
Dereitos

Nova formación en liña: “Guía de Formación de Activistas Xuvenís polo Dereito á Educación”

28/01/2025
Redeir@s na segunda Xuntanza anual
Dereitos da infancia

Redeir@s na segunda Xuntanza anual

25/10/2024
O Dereito a Ser Escoitado/a: A Voz da Infancia Importa
Dereitos da infancia

O Dereito a Ser Escoitado/a: A Voz da Infancia Importa

11/09/2024
Next Post
Acto Central Dereitos da Infancia

Acto Central Dereitos da Infancia

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Financia:

Siguenos

  • Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal

Copyright © 2021 Redeiros

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti

Copyright © 2021 Redeiros