• Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal
viernes, junio 13, 2025
  • Login
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
Redeiros

Por un sharenting responsable

Por un sharenting responsable

admin by admin
02/08/2022
in Dereitos da infancia
0
Autoría Freepik

Autoría freepik

0
SHARES
117
VIEWS
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

O sharenting –difusión en redes sociais de imaxes e comentarios sobre os/as fillos/as menores de idade polos seus pais ou nais–, é un fenómeno crecente.

O verán é unha época na que gozamos de máis tempo de lecer en familia, pasamos as vacacións facendo cousas que nos gustan e fotografámolas. Estamos orgullos@s do guap@s, gracios@s, simpátic@s, deportistas… que son @s nos@s fill@s e recollemos imaxes que atrapen as experiencias que viven.

Se quedasen nas nosas cámaras ou móbiles non estariamos a falar de sharenting senón de gardar recordos. O que pasa é que hoxe, coa existencia das redes sociais, é moi habitual que se compartan moitas desas imaxes.

É comprensible que pais e nais queiran compartir con outras persoas imaxes e vídeos dos seus fillos. Pero cando falamos de privacidade e menores convén que fagamos unha reflexión sobre os riscos e consecuencias que se poden derivar de facer un sharenting inadecuado ou incontrolado.

Vídeo da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia

Aquí atoparedes algunhas reflexións sobre a importancia de coidar a imaxe dos nenos, nenas e adolescentes en RRSS:

1. PROTEXER A SÚA INTIMIDADE. Os familiares teñen a obrigación de coidar a imaxe dos máis pequenos e pequenas, non facer uso arbitrario dela, xa que teñen dereitos que deben ser protexidos de forma especial.

2. CERO VANTAXES. Os nenos e nenas non gañan nada coa publicación das imaxes.

3. EVITAR DIFERENZAS ENTRE PROXENITORES. Pode haber distintos criterios sobre que e como se comparten as imaxes dos menores por parte dos seus proxenitores. Cando os proxenitores non forman parella, o sharenting pode ser motivo de conflito.

4. COIDAR A SÚA PRIVACIDADE EN REDES SOCIAIS. É posible que oa pais e nais non coñezan ben como están a compartir esas imaxes. A xestión da privacidade das redes sociais non é fácil e cambia con frecuencia.

5. COMPARTIR DE FORMA SEGURA Hai outras formas máis seguras para compartir imaxes de forma privada. É importante limitar con quen se comparte a información e en que plataforma.

6. NON OFRECER DEMASIADA INFORMACIÓN. Habitualmente compártese máis información que a que se aprecia a primeira ollada. Unha imaxe inocente pode conter detalles de contexto importantes e mesmo xeolocalización.

7. EVITAR MÁIS DIFUSIÓN. Ao compartir as imaxes con outras persoas, estas poden asumir que iso significa que as poden compartir e que non son tan privadas. Sen mala intención, de forma directa ou indirecta, poden expandir o alcance e mesmo facelas públicas.

8. IMPEDIR A PERDA DE CONTROL. O que publicas escapa do teu control para sempre. Cando algo aparece nunha pantalla, é susceptible de ser capturado e reutilizado.

9. SER BO EXEMPLO. Non se deben compartir imaxes doutras persoas sen o seu consentimento xa que é unha infracción da normativa de protección de datos. Non é un bo exemplo para ninguén, menos aínda para os menores de idade.

Aínda non sabemos a totalidade de perigos que pode acarear, sen embargo, débese reflexionar sobre o alcance dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes. En ocasións entran en confrontacións os dereitos á liberdade de expresión dos pais e nais e os dereitos dos nenos e nenas a súa privacidade, sendo relevante incluir a súa participación, a súa visión.

Vendo todos estos riscos e a importancia de manter os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes a salvo, lembra a importancia dun SHARENTING RESPONSABLE!

Desde Redeir@s facemos latente a importancia de respectar os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes, en gran medida, sendo conscentes da relevancia da implicación da infancia e adolescencia nos asuntos que lle concerne.

Somos unha páxina da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia apoiada desde a Xunta de Galicia.

  • Copiar

Escoitar

Previous Post

A nosa opinión: Educación.

Next Post

A nosa opinión: Saúde

Related Posts

A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación
Dereitos

A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación

26/05/2025
Historias para entendernos mellor – 23 de abril, Día do Libro
Dereitos da infancia

Historias para entendernos mellor – 23 de abril, Día do Libro

23/04/2025
Internet segura para protexer os nosos dereitos no mundo dixital
Dereitos da infancia

Internet segura para protexer os nosos dereitos no mundo dixital

11/02/2025
Nova formación en liña: “Guía de Formación de Activistas Xuvenís polo Dereito á Educación”
Dereitos

Nova formación en liña: “Guía de Formación de Activistas Xuvenís polo Dereito á Educación”

28/01/2025
Redeir@s na segunda Xuntanza anual
Dereitos da infancia

Redeir@s na segunda Xuntanza anual

25/10/2024
O Dereito a Ser Escoitado/a: A Voz da Infancia Importa
Dereitos da infancia

O Dereito a Ser Escoitado/a: A Voz da Infancia Importa

11/09/2024
Next Post
A nosa opinión: Saúde

A nosa opinión: Saúde

Financia:

Siguenos

  • Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal

Copyright © 2021 Redeiros

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti

Copyright © 2021 Redeiros