RTV Enxebre
|

«RTV-Enxebre» coa infancia do rural

Axuda en Acción continúa co proxecto RTV-Enxebre potenciando a linguaxe audiovisual e radiofónica dos nenos e nenas do rural.

O proxecto «RTV-Enxebre» naceu no ano 2018 para a mellora da inclusión e desenvolvemento educativo nos nenos e nenas que viven nas contornas rurais galegas, co apoio da Fundación La Caixa e da Fundación Repsol.

Mediante este proxecto, o alumnado de primaria potencia a súa participación social, adquirindo competencias TIC e habilidades orais, de investigación e sociais para a vida.

Ademais, Enxebre fomenta o seu arraigo ao territorio, converténdose en axentes de sensibilización que defenden a súa identidade, cultura, lingua e dereitos. Por esta razón o seu nome, Enxebre, que fai referencia a algo auténtico, puro, propio de Galicia e das súas raíces.

Así, fomentan a inclusión e o desenvolvemento socioeducativo da infancia, a dignificación e posta en valor e visibilización da poboación e cultura galega, e a construcción dunha cultura crítica.

Como resultado, ao longo do curso 2020/2021 participaron 198 nenas e nenos de 1º a 6º de primaria, os cales desenvolven as actividades do proxecto ao longo do curso escolar semanalmente e en horario lectivo nos seus centros educativos.

Neste momento, os seguintes centros educativos están a participar mediante a posta en marcha das radios e televisións:

  • CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos (A Coruña)
  • CEIP Labarta Pose de Zas (A Coruña)
  • CPI Virxe da Cela de Mofero (A Coruña)

Estos nenos e nenas teñen un espazo creativo de obradoiros mediante unha rede de radios e televisións escolares para traballar os seus dereitos. Así, ampliase a oferta formativa que en moitas ocasións carece o rural de Galicia.

Todos os vídeos pódense ver aquí, e as entrevistas de radio neste link.

Axuda en Acción é unha entidade que forma parte da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia e que busca a protección e promoción dos dereitos da infancia e adolescencia recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas.

Redeir@s é u n recurso de todas as entidades para potenciar as temáticas máis relevantes para a infancia e adolescencia de Galicia.

Publicaciones Similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *