O 22 de xuño, os e as representantes vogais do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia da Xunta (CAIA), volveron a reunirse nunha xornada na sede do goberno galego, en San Caetano (Santiago de Compostela).
Este grupo foi constituido o día 29 de maio or trinta mozas e mozos de entre 8 e 17 anos, como vogais representantes da infancia e adolescencia galega. Trátase dun ente plural, que recolle propostas e ideas de consellos de infancia locais coordinados por UNICEF, do sistema de protección á infancia da Xunta e do Grupo de Participación Infantil e Adolescente da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG), constituido por nenos, nenas e adolescentes das entidades membro.
A Xornada, dinamizada por Atelier Social, deu inicio co saúdo e benvida de Jacobo Rey, Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta. A continuación, fíxose unha presentación e explicación da xornada.
Na mesma, a infancia e adolescencia seguíu a ser a protagonista, acordando mediante dinámicas lúdicas as bases para o establecemento do réxime interno que regulará o Consello, ademáis das próximas accións a seguir.
Os dereitos da infancia e da adolescencia, e en concreto, o dereito á participación efectiva de nenos, nenas e adolescentes como cidadáns de pleno dereito, debe ser unha prioridade. A demanda, e o traballo previo para crear un órgano consultivo de participación en Galicia, existía desde hai tempo na liña das recomendacións do Comité dos Dereitos do Neno de Nacións Unidas ou das directrices europeas orientadas a capacitar ás nenas e os nenos para exercer unha cidadanía activa como membros de pleno dereito de sociedades democráticas.
A participación contribúe a un adecuado desenvolvemento e autonomía persoal dos nenos e as nenas, potencia as súas capacidades e favorece a súa identificación como cidadáns de pleno de dereitos.
Desde a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG), se aboga por extender esta participación a todos os espazos nos que convive toda a infancia e adolescencia.
Esto lévase a cabo mediante a participación en espazos de debate e toma de decisións sobre aspectos de participación infantil e mediante a posta en marcha do propio Grupo de Participación Infantil e Adolescente da plataforma. Neste grupo establecen accións e actividades para facer fincapé nas propostas e dereitos dos nenos, nenas e adolescentes das entidades membro.
Que é Redeir@s:
Redeir@s é unha iniciativa da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia financiada mediante as subvencións da Consellería de Política Social da Xunta destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.