Espazo seguro

Participar tamén é coidarse

En Redeir@s queremos que nenos, nenas e adolescentes sexan protagonistas, pero sempre nun espazo seguro, respectuoso e coidadoso. A participación tamén require protección, confianza e responsabilidade.

Pensa un momento

Algunha vez preguntácheste isto?

Cando participamos nun espazo dixital ou compartimos información, é importante coñecer algúns riscos e saber como actuar con seguridade.

Quen pode ver realmente o que subes á internet?

E se alguén usa o teu contrasinal sen permiso?

Como sabes se unha conta é real ou unha fraude?

A túa seguridade vai primeiro

Queremos que sexas protagonista, pero sempre participando con seguridade. Unha comunidade é máis segura cando as persoas que a forman saben coidarse e coidar tamén ás demais.

Estás no lugar axeitado

Seguir algúns consellos básicos pode axudarche a navegar con máis seguridade, protexer os teus datos, recoñecer riscos e participar nun espazo máis respectuoso.

Consellos clave

Axúdanos a coidar este espazo

Estas son algunhas ideas básicas para participar con máis seguridade en Redeir@s e noutros espazos dixitais.

Pensa antes de publicar

O que subas á internet pode quedar aí máis tempo do que cres. Revisa antes de compartir.

Coida os dispositivos compartidos

Non gardes os teus datos en ordenadores públicos ou compartidos e lembra pechar sempre a sesión.

Non todo é o que parece

Sé crítico co que ves, coas mensaxes que recibes e coas persoas ou contas coas que falas.

Os contrasinais son persoais

Usa claves seguras, diferentes e non as compartas. Son persoais e intransferibles.

Tes máis ideas para manter este espazo seguro?

Escríbenos as túas propostas, dúbidas ou consellos. En Redeir@s seguimos construíndo un espazo seguro coa participación de todas as persoas.

participacion@infanciagalicia.org

Agardámoste en Redeir@s

Participa, comparte ideas e forma parte dunha comunidade que aposta polo bo trato, a seguridade e os dereitos da infancia.

Contacta e participa