Queres formar parte do Grupo de Participación Infantil e Adolescente da Plataforma?

Xuntanza Redeir@s – Dereitos, retos e rede

Historias para entendernos mellor – 23 de abril, Día do Libro

O arco da vella que levas dentro

Internet segura para protexer os nosos dereitos no mundo dixital

Nova formación en liña: “Guía de Formación de Activistas Xuvenís polo Dereito á Educación”

Educación en Emerxencias unha chamada á participación infantil e adolescente.

Se tes entre 10 e 18 anos, formas parte dunha das entidades membro da POIG e queres que a túa voz se escoite este é o teu lugar!
O noso grupo está composto por nenas, nenos e adolescentes coma ti, comprometidos coa defensa dos seus dereitos e coa creación dun futuro mellor.
Únete e participa activamente!
Requisitos para participar...
- Ter entre 10 e 18 anos.
- Formar parte dunha entidade membro da POIG.
- Contar co apoio dunha persoa adulta de referencia na entidade.
- Ter ganas de traballar en equipo e aprender.
Solicita unha reunión informativa enviando un mail a participacion@infanciagalicia.org

Por que formar parte do noso grupo...?

Representar ás nenas, nenos e adolescentes de Galicia.

Aprender sobre os teus dereitos e como defendelos.

Participar en actividades divertidas e cheas de aprendizaxe.

Coñecer a outras persoas coa túa mesma paixón por cambiar o mundo!
Vantaxes de formar parte de Redeir@s
- Acceso ao Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA): A oportunidade de formar parte deste organismo, que defende os dereitos e a participación da infancia e adolescencia a nivel autonómico.
- Participación en Campañas: Posibilidade de colaborar en campañas nas que participa a Plataforma, influíndo en temas relevantes para a infancia e adolescencia.
- Involucrarse no Día da Infancia: Participación activa na organización e celebración do Día da Infancia, un evento importante para a visibilización dos dereitos das nenas, nenos e adolescentes.
- Aportar Ideas e Propostas: Espazo para compartir as súas ideas, sentimentos e propostas, influíndo directamente nas decisións que afectan ás políticas de infancia.
- Elaboración de Documentos e Proxectos: Posibilidade de traballar con outros membros na creación de documentos, propostas e proxectos que melloren as condicións de vida das persoas menores de idade.
- Xerar Cambios no seu Entorno: Ter a oportunidade de influír directamente no seu entorno, promovendo cambios significativos na sociedade que beneficien aos NNA.
Actualmente forman parte do Grupo de Participación...
Autismo BATA
Asociación Galega de Familias de Acollida ACOUGO
Federación Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia
Aldeas Infantiles
APAMP mediante ASPACE
Fundación Dignidade
Fundación Aldaba
Fagamos ( Asociación de Familias Monomarentais de Galicia)
OJE ( Organización Juvenil Española)