• Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal
sábado, junio 6, 2026
  • Login
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
Redeiros

Redeir@s volve reunirse en Santiago nunha xornada de participación, reflexión e convivencia

admin by admin
25/05/2026
in Dereitos da infancia, Participación infantil, Redeir@s
0
Redeir@s volve reunirse en Santiago nunha xornada de participación, reflexión e convivencia
0
SHARES
9
VIEWS
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

O grupo de participación infantil e adolescente da POIG reuniuse novamente en Santiago de Compostela nunha xornada centrada na participación, os dereitos da infancia, a saúde mental e a creación de grupo.

O pasado sábado 23 de maio, o grupo de participación infantil e adolescente da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, Redeir@s, reuniuse novamente en Santiago de Compostela nunha xornada chea de reflexión, participación, convivencia e ocio compartido.

A mañá comezou cun espazo de benvida e xogos de presentación, fundamentais para favorecer que o grupo se coñecera mellor e para integrar ás novas incorporacións deste ano. Ademais, aproveitouse este primeiro momento para explicar que é Redeir@s, que significa participar e o papel do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA), no que participan varios nenos, nenas e adolescentes do grupo.

Un dos momentos centrais da xornada foi a preparación e gravación dun podcast creado polos propios rapaces e rapazas. Divididos en grupos, puideron reflexionar e conversar sobre cuestións que lles preocupan especialmente no seu día a día: a saúde mental, as redes sociais, a presión social, o futuro, o instituto ou a importancia de sentirse escoitados/as. A actividade permitiu crear un espazo de diálogo moi enriquecedor no que compartiron experiencias, opinións e propostas desde a súa propia mirada.

Ao longo da mañá tamén se desenvolveu unha actividade vinculada ao Día da Infancia 2025, a través dunha “cume de especialistas en igualdade” na que os NNA traballaron diferentes situacións relacionadas coa igualdade, a discriminación e os dereitos da infancia. A partir do debate e do traballo en equipo, elaboraron reflexións e propostas que servirán para continuar construíndo o manifesto e as accións participativas deste ano.

Despois da comida conxunta e dun tempo de convivencia máis informal, o grupo participou nunha pequena dinámica arredor da saúde mental e da autoestima, creando un espazo seguro no que poder falar das emocións, da presión que moitas veces senten e da importancia do benestar emocional durante a adolescencia.

A xornada rematou cunha actividade lúdica en Diver Jump, onde puideron desfrutar dun espazo de ocio compartido con zonas de salto, escalada e diferentes actividades deportivas. Máis alá da diversión, este tipo de momentos resultan fundamentais para fortalecer vínculos, crear grupo e favorecer que os nenos, nenas e adolescentes se sintan parte dun espazo seguro, participativo e propio.

Desde a POIG queremos agradecer a implicación de todas as persoas participantes, entidades e profesionais que fixeron posible esta nova xuntanza de Redeir@s.

Tags: infanciagaliciaredeirasredeiros
Previous Post

A voz da infancia reclama unha educación dixital equitativa no Parlamento de Galicia

Related Posts

A voz da infancia reclama unha educación dixital equitativa no Parlamento de Galicia
Dereitos da infancia

A voz da infancia reclama unha educación dixital equitativa no Parlamento de Galicia

05/05/2026
Unha nova xornada de participación de Redeir@s cara ao Día da Infancia 2025
Dereitos da infancia

Unha nova xornada de participación de Redeir@s cara ao Día da Infancia 2025

04/11/2025
Cando a escola se converte nun lugar de vida. Educar con dereitos e participación
Educación

Cando a escola se converte nun lugar de vida. Educar con dereitos e participación

09/09/2025
Diez representantes de la POI de Galicia se incorporan al CAIA en su nueva legislatura
CAIA

Diez representantes de la POI de Galicia se incorporan al CAIA en su nueva legislatura

02/06/2025
A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación
Dereitos

A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación

26/05/2025
Xuntanza Redeir@s – Dereitos, retos e rede
Ocio-Tempo libre

Xuntanza Redeir@s – Dereitos, retos e rede

13/05/2025

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Financia:

Siguenos

  • Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal

Copyright © 2021 Redeiros

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti

Copyright © 2021 Redeiros