Día da Infancia Ourense 2022

Celebramos o Día da Infancia en Ourense!

Entidades de infancia festexaron, en colaboración coa POIG, o Día da Infancia en Ourense (20N).

As entidades Asociación Xuvenil Amencer, Fundación Meniños, Grupo Scout ILEX 695 e Fundación Diagrama desenvolveron un acto polo Día da Infancia en Ourense baixo o lema A nosa voz os nosos dereitos, ao que asistiron representantes dos colectivos convocantes.

Xunto con nenos e nenas en representación das persoas beneficiarias ou membros infantís ou xuvenís destas entidades, no Día da Infancia en Ourense deuselle voz aos nenos e nenas.

Pretendese facer visible a participación e as demandas dos nenos, nenas e adolescentes sobre os seus dereitos.

Dito acto tivo lugar este sábado 19 de novembro no Espazo Xove (r/. Celso Emilio Ferreiro, 27) ás 11:00 horas.

No acto polo Día da Infancia en Ourense, nenas e nenas tomaron a palabra para ler algúns dos seus dereitos, así como o contido do “Manifesto Día da Infancia 2022” creado polo rapaces e rapazas participantes do Grupo de Participación Infantil e Adolescente da Plataforma de Infancia galega.

Podedes atopar a lectura do manifesto aquí.

20N Ourense
20N Ourense

Traballo a prol da infancia e adolescencia da sociedade civil

Na cidade de Ourense, diversos colectivos traballan a diario dende distintos eidos e metodoloxías para ofrecer ás nenas e nenos da cidade e a súa contorna diferentes programas de actividades e servizos cos que contribúen ao cumprimento efectivo dos diferentes dereitos da infancia.

Asociacion Xuvenil. Amencer

Amencer é unha asociación xuvenil aberta a toda a rapazada ourensá desde os 3 anos en adiante con programas de tempo libre educativo.

Cunha visión cristiá defendende o protagonismo xuvenil e baseado nos grupos, música, deportes, solidariedade, información xuvenil, festas, xuntanzas, campamentos e traballo en rede.

Fundación Diagrama

Desde a Fundación Diagrama traballamos para que a infancia conte con todos  aqueles coñecementos, habilidades, ferramentas, valores, principios e competencias para que poidan desenvolverse de forma plena.

Os ámbitos nos que traballan é o persoal, social e familiar, desenvolvendo un modelo de vida autónomo, responsable e satisfactorio.

Fundación Meniños

Entidade especializada na protección da infancia e a adolescencia, cun traballo orientado a garantir o dereito dos nenos, nenas e adolescentes a vivir en familia. Desde 1996 desenvolve programas de prevención e atención familiar en Galicia e Asturias.

Grupo Scout ILEX 695

Ten un programa de educación en valores con actividades e campamentos ao longo do ano para rapazas e rapaces dende os 8 anos que contribúe a súa autoestima, madurez, autonomía e os activa e empodera para construír un mundo mellor.

Grupo de participación infantil e adolescente para a cidade de Ourense

Baseándose na experiencia a nivel galego do Grupo de Participación Infantil e Adolescente impulsado pola Plataforma de Infancia en Galicia, as entidades convocantes deste acto queren manifestar o seu interese e determinación para impulsar a constitución dun órgano semellante na cidade de Ourense.

De xeito que nenos, nenas, mozos e mozas da cidade teñan un espazo propio para exprerar as súas preocupacións.

Tamén que as súas propostas e demandas poidan ter para a sociedade e para os poderes públicos do municipio, unha voz propia para todo o seu colectivo.

Publicaciones Similares