|

Sistematización das Conclusións: Dereitos da Infancia

Xa podedes leer a sistematización das conclusións «Dereitos da infancia: aprenden e participan nos seus dereitos 2023».

Este documento, recolle as aportacións recibidas no proxecto «Dereitos da Infancia: aprenden e participan nos seus dereitos» financiado pola Xunta. Así pois, este proceso participativo englobase na campaña co lema «Infancia e Pobreza». En consecuencia, quere dar a coñecer e impulsar as demandas dos grupos de participantes relacionadas cos seus dereitos.

A participación no proceso do Día da Infancia realízase a través da participación de grupos de nenos, nenas e adolescentes. De modo que, centros educativos, concellos e entidades de infancia, recollen a opinión dunha gran diversidade de participantes e colectivos.

Este ano recolléronse nesta sistematización das conclusións un total 167 opinións de mozas e mozos de entre 6 e 17 anos sobre diferentes ámbitos no que a pobreza lles afecta e a súa relación co cumprimento dos dereitos da infancia.

Para este proceso deseñáronse actividades por temáticas. Por isto, crearonse fichas para ser descargadas e traballar de maneira presencial ou en liña.

Cada unha das temáticas incluía unhas actividades específicas deseñadas para distintas franxas de idade. De 6 a 8 anos, de 9 a 12 anos e de 13 a 17 anos. Cada actividade incluía unha ficha de desenvolvemento e un formulario de recollida de conclusións.

As temáticas escollidas este ano foron:

  • BENS DE PRIMEIRA NECESIDADE: Inclue aqueles bens necesarios para que as vidas dos nenos e nenas se desenvolvan de forma positiva.
  • EIDO EDUCATIVO: Traballouse neste ámbito a importancia da educación e o acceso aos estudos da infancia e adolescencia.
  • OCIO E CULTURA: Realizouse unha análise daquelas actividades de ocio das que desfrutan os nenos e nenas, tanto coa familia como espazos dispoñibles nas zonas nas que residen.
  • EIDO SANITARIO: Neste apartado traballouse previamente cos grupos os recursos sanitarios que se precisan nos espazos de saúde.

Todas estas actividades foron tamén relacionadas cos artigos da Convención dos Dereitos da Infancia.

Publicaciones Similares