Unha nova xornada de participación de Redeir@s cara ao Día da Infancia 2025
O grupo de participación Redeir@s reuniuse o 25 de outubro en Santiago para unha xornada completa de aprendizaxe, creatividade e reflexión colectiva. Ao longo do día, as nenas, nenos e adolescentes traballaron arredor dos seus dereitos, avanzaron na elaboración do Manifesto polo Día da Infancia 2025 e compartiron espazos de convivencia, xogo e expresión artística.
