Cando ves un arco da vella, en que pensas? Sabías que está formado por sete cores? E que cada unha pode contar algo sobre ti?
Cada cor simboliza unha parte de ti, dunha emoción, dun soño, dun xogo…
Cada cor fala de como es e de como te sentes.
O violeta representa o misterio e a maxia.
É a cor das preguntas sen resposta, das aventuras por descubrir e dos contos que aínda non foron contados.
O añil é como unha ponte ao mundo dos soños.
Invítate a soñar esperto e vivir historias noutros mundos onde todo é posible.
Verde como a herba fresca, como os bosques e os ríos.
É equilibrio, harmonía… e tamén un pouco de curiosidade
O amarelo brilla como o sol.
É a alegría de xogar co teu mellor amigo, de cantar moi alto ou de rir sen parar.
O laranxa mestura a enerxía do vermello coa alegría do amarelo.
É pintar, disfrazarse, facer castelos con caixas… É crear e pasalo ben.
O vermello é o corazón que latexa forte cando fas algo que che encanta.
É impulso, entusiasmo, ganas de probar cousas novas. Correr, saltar, non parar!
A cor do ceo e do mar.
É calma, tranquilidade e sentirse seguro. É mirar as nubes e deixar pasar o tempo.
Todos somos un conxunto de cores que viven dentro de nós.
Hoxe podes sentirte máis amarelo, mañá quizais máis azul… e iso tamén está ben.
Os nenos, nenas e adolescentes sodes luz, sodes cor, sodes alegría.
Sodes o arco da vella que fai máis fermoso o mundo.
Este pasado luns 27 de marzo, celebrouse en Coruña a contitución do Consello local da Infancia (CLIAC)
A Convención sobre os Dereitos do Neno establece no seu artigo 12 que todas as nenas e nenos teñen o dereito a expresar a súa opinión e a que esta sexa tida en conta nos asuntos que lles afectan. Este dereito é fundamental para asegurar que a infancia e a adolescencia non só participe nos…
¿Sabías que a Axencia Europea de Medicamentos (EMA) aprobou o uso da vacina Pfizer – BioNTech para adolescentes de entre 12 e 15 anos? En concreto, foi o Comité de Medicamentos de Uso Humano (CHMP) o que aprobou o uso da vacina Pfizer nestas idades. É unha preparación contra o covid-19 que só estaba autorizada ata…
Hoxe 22 de xuño rematanse as clases en gran parte dos centros educativos galegos. Os mozos e mozas do Grupo de Participación Infantil e Adolescente da POIG, trasdaronnos a súa opinión para mellorar a educación. Inicialmente faláronnos dos espazos de participación dos estudantes nos centros educativos. «Deberíanse crear sindicatos de estudantes en tódolos centros, para…
Hackeáranmas. Que susto! Ao principio enfadeime, pero despois deime conta do que era, forma parte da campaña Activa la Escucha. Mirade o vídeo! Non sabía quen eran eses hackers do grupo # OchoComaDos e agora descubro que son os # OchoComaDos millóns de nenos, nenas e adolescentes que reclaman atención real. Para isto crearon a…
Hoxe celebramos o Día da Infancia na Valedoría do Pobo. Tras os actos celebrados coa Xunta a pasada semana, este luns pechamos cunha xuntanza coa Valedora do Pobo Mª Dolores Fernández, os actos institucionais que se celebraron na contorna do 20 de Novembro.