A Educación dende a Infancia e Xuventude

Cando falamos con nenos, nenas e adolescentes sobre educación, teñen claro cales son as problemáticas que lles afectan. A educación dende a infancia e a xuventude é desmotivadora.

Ademáis do falado moitas veces, das longas horas nunha clases maxistrais nas que a participación é mínima, os temas que se traballan tampouco convencen.

Primeiramente, o problema coas temáticas para os mozos e mozas, é que os contidos das asignaturas, non son aplicables á vida adulta. Os contidos son moi teóricos pero pouco prácticos. Temos que revisar os contidos para que ao medrar, poidan aplicarse á vida diaria:

  • Leer un contrato
  • Economía para comprender unha nómina ou unha factura.
  • Impostos
  • Historia recente do mundo.
  • Fomentar a fala en outros idiomas.
Grupo de Participación da POIG.

En segundo lugar a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia queremos trasladar esta visión, de a educación dende a infancia e a xuventude nesta semana polos Dereitos da Infancia.

Por último, gustaríanos recordar demandas que en anteriores ocasións xa nos comentaron. En primer lugar a implicación do persoal docente nas emocións e problemas do alumnado. Segundo, valorar as suas opinións de cara a tomar decisións sobre o sistema educativo que os inflúe. Finalmente, a importancia do tempo libre no seu desenvolvemento como persoas, non priorizando unicamente os deberes, senón tamén o ámbito social.

Ademáis seguir máis información estas semanas nas nosas redes.

– Espazo Web: https://redeiros.org/

– Instagram: https://www.instagram.com/redeiros_as/

– Facebook: https://www.facebook.com/redeiros.as/

– Twitter: https://twitter.com/Redeiros_as

Publicaciones Similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *