| | | | |

Nova formación en liña: “Guía de Formación de Activistas Xuvenís polo Dereito á Educación”

Xa está aquí unha nova oportunidade formativa! Se che apaixona a educación e traballas coa xuventude, este curso é para ti. Descubre como contribuír ao logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) a través desta formación en liña de balde.

O curso inclúse dentro do proxecto da Campaña Mundial pola Educación 2025 Galicia e está deseñado para:

  • Dotarte de ferramentas pedagóxicas e recursos innovadores.
  • Fortalecer a túa capacidade para fomentar o activismo xuvenil.
  • Inspirar as mozas e mozos a defender o seu dereito a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade.

A quen vai dirixido?

  • Docentes, educadoras/es, formadoras/es.
  • Persoas que traballan con adolescentes e mozas/os en ONGs ou noutros espazos educativos.

Beneficios de participar:

  • Aprende a involucrar a mocidade na defensa dos seus dereitos.
  • Fortalece as túas competencias en liderado e activismo.
  • Goza dunha experiencia de aprendizaxe 100% en liña, adaptada ao teu ritmo.

Como inscribirte?

As inscricións abriranse a finais de xaneiro.

  1. Fai clic aquí para rexistrarte de balde: Inscrición ao curso.
  2. Recibirás un correo coas instrucións de acceso. Lembra revisar o cartafol de spam!

Non perdas esta oportunidade!

O momento é agora. Forma parte dunha rede global de persoas educadoras comprometidas e fagamos que a educación sexa un dereito real e accesible para todas as persoas en todos os lugares do mundo.

Reserva a túa praza xa!

Publicaciones Similares