• Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal
domingo, febrero 8, 2026
  • Login
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
Redeiros

Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2022!

admin by admin
22/02/2024
in Dereitos da infancia, Educación, Participación infantil
0
día da infancia

día da infancia

0
SHARES
138
VIEWS
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Con motivo da conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia mediante a Plataforma de Infancia estatal e co apoio da Xunta de Galicia, organiza un proceso participativo para nenos, nenas e adolescentes para a formación, toma de conciencia e divulgación dos seus dereitos recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno.

Como pasados anos e este baixo o lema «PARTICIPAMOS! É O NOSO DEREITO» as actividades divídense por grupos de idade: 6-8, 9-12 e 13-17.

Os grupos de participantes poden elixir realizar a totalidade delas ou as que máis se adapten as características dos grupos.


dereitos

Con posterioridade á realización das actividades, cada grupo debe reenviar as conclusión que se acaden, as cales serán achegadas aos responsables das políticas de infancia estatais e de Galicia en diversas conmemoracións que terán lugar na semana do 20 de novembro en coordinación coa Xunta de Galicia.

Para participar nas actividades, só tedes que inscribirvos antes do 15 setembro. As conclusións acadadas coas actividades serán recepcionadas pola Plataforma de Infancia ata ese mesmo día. 

Ligazóns a ter en conta: 

  • Índice resumo das actividades: https://www.plataformadeinfancia.org/wp-content/uploads/2022/05/GUI%CC%81A-DE-ACTIVIDADES-2022-GALLEGO.pdf
  • Máis información e acceso ás actividades a desenvolver divididas por grupos de idade: https://www.plataformadeinfancia.org/dia-de-la-infancia-2022/ 
  • Inscrición ao proceso participativo: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScRogSOOb4z2YLlAItd76zohwfXZ93xog6VvHMfDSmOA_AufA/viewform

O Grupo de Participación Infantil e Adolescente da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, súmase a esta campaña e á realización destas actividades para darlle visibilidade aos dereitos de todos os colectivos que se atopan representados no mesmo.

 Proceso participativo

Desde Redeiros seguimos en favor da promoción da participación dos dereitos da infancia, como dereito suxeitivo da infancia en adolescencia recollido no artigo 12 da Convención sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas: «Os Estados Partes garantirán ao neno que estea en condicións de formar un xuízo propio o dereito de expresar a súa opinión libremente en todos os asuntos que afectan ao neno, e terán en conta as opinións do neno en función da súa idade e madurez».

#infanciagalicia #Díadainfancia2022

participacion@infanciagalicia.org

Tags: Día da infanciainfanciagaliciaParticipación
Previous Post

Primeira xuntanza presencial do Grupo de Participación Infantil e adolescente da POIG

Next Post

A nosa opinión: Educación.

Related Posts

Unha nova xornada de participación de Redeir@s cara ao Día da Infancia 2025
Dereitos da infancia

Unha nova xornada de participación de Redeir@s cara ao Día da Infancia 2025

04/11/2025
Cando a escola se converte nun lugar de vida. Educar con dereitos e participación
Educación

Cando a escola se converte nun lugar de vida. Educar con dereitos e participación

09/09/2025
Diez representantes de la POI de Galicia se incorporan al CAIA en su nueva legislatura
CAIA

Diez representantes de la POI de Galicia se incorporan al CAIA en su nueva legislatura

02/06/2025
A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación
Dereitos

A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación

26/05/2025
Xuntanza Redeir@s – Dereitos, retos e rede
Ocio-Tempo libre

Xuntanza Redeir@s – Dereitos, retos e rede

13/05/2025
Historias para entendernos mellor – 23 de abril, Día do Libro
Dereitos da infancia

Historias para entendernos mellor – 23 de abril, Día do Libro

23/04/2025
Next Post
A nosa opinión: Educación.

A nosa opinión: Educación.

Financia:

Siguenos

  • Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal

Copyright © 2021 Redeiros

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti

Copyright © 2021 Redeiros