|

Primeira xuntanza presencial do Grupo de Participación Infantil e adolescente da POIG

Este pasado sábado 7 de Maio, levouse a cabo a primeira xuntanza presencial do Grupo de Participación Infantil e adolescente da POIG. A Plataforma de Infancia de Galicia, convocou ao seu grupo de mozos e mozas a asistir a unha xornada para trasmitir as súas opinións.

Este grupo constituiuse a finais de ano para conmemorar o Día dos Dereitos da Infancia na Xunta de Galicia. A esta xornada asistiron 13 nenos e nenas de diferentes entidades. Ademais, creouse un espazo online, para que algunhas persoas puideran participar nunha parte da xornada.

Neste día leváronse a cabo tanto actividades para coñecerse, como espazos de opinión. Ademáis realizouse unha comida conxunta, na cal puidemos compartir un espazo mais distendido entre todas e todos.

Primeiramente tivemos un espazo para aprender un pouco máis sobre a participación infantil e como podía levarse á cabo.

Grupo de Participación, Coñecendo á participación Infantil

As participantes, tiveron tamén un espazo para opinar sobre diferentes temas. Algúns dos temas falados foron:

  • Violencia cara nenos e nenas
  • Mellora da saúde da infancia
  • Como mellorar a educación de nenos e nenas.
  • Formas de discriminación

Esperamos que as achegas acadadas na primeira xuntanza presencial do Grupo de Participación Infantil e adolescente da POIG, sexa escoitada polas figuras políticas correspondentes.

Ademáis de traballar por grupos, tamén tivemos un espazo para poñer en común e compartir o falado durante a xornada.

Para a Plataforma, esta primeira xuntanza presencial do Grupo de Participación Infantil e adolescente foi todo un éxito.

Seguidamente, subiremos ao longo das seguintes publicación todas as opinións e aportacións dadas polas mozas e mozos que asitiron.

Por último, non podemos acabar este artigo sen agradecerlle a todas as asistentes a implicación e as incríbles opinións e analises da súa realidade que fixeron nesta xornada.

Podedes seguir as conclusións deste día nas seguintes publicacións e nas nosas redes:

– Espazo Web: https://redeiros.org/

– Instagram: https://www.instagram.com/redeiros_as/

– Facebook: https://www.facebook.com/redeiros.as/

– Twitter: https://twitter.com/Redeiros_as

Publicaciones Similares