• Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal
martes, noviembre 11, 2025
  • Login
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
Redeiros

A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación

admin by admin
26/05/2025
in Dereitos, Dereitos da infancia, Educación, Novas, Participación infantil, Redeir@s
0
A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación
0
SHARES
40
VIEWS
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

O pasado venres 23 de maio, o Parlamento de Galicia converteuse nun espazo de participación infantil e xuvenil coa celebración dun acto no marco da Campaña Mundial pola Educación (CME). A xornada contou coa participación de 73 alumnos e alumnas de catro centros educativos galegos: o Colexio San José da Guía (Vigo), o CPI Virxe da Cela (Monfero, A Coruña), o CEIP Eusebio da Guarda (A Coruña) e o Colexio FEC San José (Lugo).

Desde a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia sumámonos ao apoio desta iniciativa, xa que pon no centro a voz de nenos, nenas e adolescentes e, ao mesmo tempo, subliña a súa defensa do dereito á educación en situacións de emerxencia, o lema da campaña deste ano.

A xornada, celebrada na Sala do Rexurdimento, estivo presidida pola vicepresidenta primeira do Parlamento, María Elena Candia López, e contou coa presenza de representantes parlamentarios, da Xunta de Galicia. O alumnado participante compartiu as reflexións que elaboraron nos seus centros escolares arredor da importancia de garantir unha educación segura, accesible e de calidade mesmo en contextos de crise humanitaria, conflito ou desastre.

Este acto forma parte das actividades da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), que busca mobilizar á sociedade civil e aos gobernos para facer realidade o dereito á educación para todas as persoas.

EN Redeir@s queremos destacar o valor de espazos coma este, nos que se recoñece o papel activo da infancia e adolescencia na defensa dos seus dereitos. Escoitar as súas propostas e preocupacións é fundamental para avanzar cara a políticas públicas máis xustas e inclusivas.

Tags: Dereitos da InfanciaeducacióninfanciagaliciaSAME
Previous Post

Xuntanza Redeir@s – Dereitos, retos e rede

Next Post

Diez representantes de la POI de Galicia se incorporan al CAIA en su nueva legislatura

Related Posts

Unha nova xornada de participación de Redeir@s cara ao Día da Infancia 2025
Dereitos da infancia

Unha nova xornada de participación de Redeir@s cara ao Día da Infancia 2025

04/11/2025
Cando a escola se converte nun lugar de vida. Educar con dereitos e participación
Educación

Cando a escola se converte nun lugar de vida. Educar con dereitos e participación

09/09/2025
Diez representantes de la POI de Galicia se incorporan al CAIA en su nueva legislatura
CAIA

Diez representantes de la POI de Galicia se incorporan al CAIA en su nueva legislatura

02/06/2025
Xuntanza Redeir@s – Dereitos, retos e rede
Ocio-Tempo libre

Xuntanza Redeir@s – Dereitos, retos e rede

13/05/2025
Historias para entendernos mellor – 23 de abril, Día do Libro
Dereitos da infancia

Historias para entendernos mellor – 23 de abril, Día do Libro

23/04/2025
O arco da vella que levas dentro
Educación

O arco da vella que levas dentro

11/04/2025
Next Post
Diez representantes de la POI de Galicia se incorporan al CAIA en su nueva legislatura

Diez representantes de la POI de Galicia se incorporan al CAIA en su nueva legislatura

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Financia:

Siguenos

  • Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal

Copyright © 2021 Redeiros

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti

Copyright © 2021 Redeiros