|

Comeza a semana da infancia na POIG!

Para a Conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia o 20 de novembro, a POIG lanza o lema «A nosa voz, os nosos dereitos» nesta semana da infancia 2021.

O 19 de novembro, a Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia realizará diversos eventos. Nestes, amosarase as demandas máis importante da a infancia e adolescencia na semana da infancia do 2021.

Para comezar, as 10:30 horas, a POIG presentará o informe sobre a situación da infancia en Galiciaen conxunto coa Valedora do Pobo. Así mesmo, expertos en infancia e adolescencia intercambiarán opinións sobre:

  • saúde emocional
  • acoso sexual
  • acoso escolar

Mais tarde, as 12:30 horas, terá lugar a entrega do informe ao Presidente do Parlamento de Galicia.

Seguindo coa tarde, ás 17:30 horas, terá lugar a constitución do Grupo de Participación Infantil da POIG coa Consellería de Política Social na Xunta de Galicia. Este grupo está composto con máis de 30 nenos, nenas e adolescentes que darán voz á infancia e adolescencia sobre ás temáticas que lles afectan.

Seguidamente, terá lugar a signatura da acta fundacional do grupo, así como, a exposición das aportacións dos grupos galegos ao proceso participativo polos dereitos da infancia que foi levado a cabo pola Plataforma de Infancia.

Por último, leerase o Manifesto sobre os dereitos da infancia que nenos, nenas e adolescentes do Grupo levaron a cabo coas súas demandas e opinións.

Durante o acto, os representante da Xunta, da POIG e do Grupo de Participación Infantil e Adolescente, falarán da situación dos dereitos da infancia e adolescencia tras a crise sanitaria. Por esta razón, tratarán temas de educación, saúde emocional, participación e escoita ás súas demandas e opinións etc

Ademáis destes actos, realizaranse outros  actos descentralizados: o 19 de novembro terán lugar actos en Mondoñedo e Vilardevós, e o 20 de novembro en Ourense.

Ségue a campaña nos hastags: #ANosaVozOsNososDereitos #infanciagalicia #20N

Finalmente, animámoste a que nos sigas nas nosas RRSS! @infanciagalicia @redeiros_as

Redeiros-Infanciagalicia-Participación

Publicaciones Similares