Primeira xuntanza presencial anual do Grupo de Participación Infantil e Adolescente da POIG

O sábado 27 de maio o Grupo de Participación Infantil e Adolescente da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) reuniuse dentro do Programa Redeir@s financiado pola Xunta nunha xornada de convivencia, coñecemento e de alza da súa voz sobre os seus dereitos.

O presente grupo está composto por 42 nenos, nenas e adolescentes que reflexionan e inciden sobre as demandas da infancia e adolescencia galega das seguintes entidades membro da plataforma: Fundación Secretariado Gitano, Fundación Aldaba, Fundación Educativa e Social Dignidade, Asociación Acougo, Apamp mediante Aspace Galicia, Federación Autismo Galicia, Axuda en Acción, Federación ASDE Scouts de Galicia, Federación Scouts MSC-ECG de Galicia, Federación Don Bosco e Organización Juvenil Española (Oje).

Lembramos que o grupo está representado no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia da Xunta (CAIA) mediante 10 vogais, que dan voz a todos os nenos, nenas e adolescentes, mediante dar a coñecer as demandas dos membros do grupo.

Próximos á media mañá comezaron oas xogos de presentación, nos cales os mozos e mozas deron a coñecer de forma dinámica o super poder que ten cada un/ha deles/as, lugar de residencia e a hora á cal tiveron que levantarse para estar ese día en Santiago.

Cartel Programa Redeir@s
Xogos de presentación

Unha vez coñecidos todos e todas, xogamos por equipos ao Kahoot, proposto por eles/as mesmos/as con anterioridade.

Xogo mímica
Grupos xigando a Kahoot

Neste xogo as preguntas versaron sobre as seguintes temáticas:

Logo de cada pregunta, os/as dinamizadores/as aportaron máis información sobre cada tema.

A continuación, o grupo comezouse unha xincana na cal por grupos, realizaron diferentes probas para recolectar as partes duns dereitos. Nas probas non faltou a realización de debuxos, as representacións por mímica, preguntas xerais, debuxos na espalda, representacións gráficas, entre outras.

Representación Dereitos
Representación Dereitos
Adiviñar na espalda

Ao mediodía tivo lugar un almorzo compartida e tempo libre, para que os mozos e mozas o usasen para o descanso, coñecerse máis ou xogar á bola.

Se a xornada da mañá destinouse para coñecerse, facer comunidade, familiarizarse e saber sobre os dereitos, a tarde destinouse a darlle a voz ás mozas e mozos do grupo. Elas e eles expresáronse nun espazo libre, no que non faltou debate sobre temáticas relacionadas coa:

  • Saúde mental/emocional.
  • Tipos de violencias.
  • Desigualdades/equidade.

Estas temáticas traballáronse dende o debate e realización dun mural no cal se puideron expresar.

Mural sobre Dereito ao bo trato e non violencia
Debuxo do mural
Espazo de reflexión libre sobre os seus dereitos

De igual forma traballouse sobre como sería o seu parque ideal no lugar onde residen e o patio do colexio/instituto no que asisten.

O parque ideal
O patio do colexio/instituto ideal

Finalmente a xornada rematou coa realización duns vídeos nos cales eles e alas elexiron o tema que querían representar e a modalidade de facelo.

Todas as demandas que se foron recompilando ao longo da xornada, serán sistematizadas pola plataforma e servirán para darlle voz aos e ás participantes na páxina web de www.redeir@s.org, redes sociais e canalizadas mediante os 10 vocais representantes do grupo no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia da Xunta de Galicia (CAIA).

Sobre Redeir@s:

Somos a Rede Social da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, do seu Grupo de Participación Infantil e Adolescente, baseada na participación infantil vinculada aos seus dereitos.

A Plataforma de Organizacións de Infancia Galega fundada no ano 2018 agrupa a 36 organizacións que comparten o obxectivo de defender, promover e protexer os dereitos das nenas, nenos e adolescentes no territorio galego.

Publicaciones Similares