• Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal
viernes, junio 13, 2025
  • Login
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
Redeiros

Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2023!!

admin by admin
29/06/2023
in Dereitos da infancia
0
Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2023!!
0
SHARES
103
VIEWS
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Un ano máis, con motivo da conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia mediante a Plataforma de Infancia estatal, co apoio do Ministerio de Asuntos Sociais e Axenda 2030 e da Xunta de Galicia, organiza un proceso participativo para nenos, nenas e adolescentes para a formación, toma de conciencia e divulgación dos seus dereitos recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno.

En pasados anos a convocatoria contou cunha ampla participación en Galicia, e queremos que este sexa aínda maior, para dar a extender a importancia da participación infantil e un maior coñecemento dos dereitos da infancia e adolescencia galega.

Este ano, baixo o lema «INFANCIA E POBREZA», intégrase como acción a desenvolver en relación á promoción de iniciativas para a loita contra a pobreza infantil e a exclusión social, co obxectivo de coñecer a visión das mozas e mozos sobre o impacto da pobreza e a desigualdade. 

Como noutros anos, plantéxase que as súas opinión e propostas poidan ser tidas en conta no desenvolvemento de políticas públicas. 

As actividades divídense por grupos de idade: 6-8, 9-12 e 13-17 (en adxunto atoparedes un resumo das actividades a realizar). Podedes elixir realizar a totalidade delas ou as que máis se adapten aos vosos grupos.

Con posterioridade á realización das actividades, cada grupo debe reenviar as conclusión que se acaden, as cales serán achegadas aos responsables das políticas de infancia estatais e de Galicia en diversas conmemoracións que terán lugar na semana do 20 de novembro. 

Toda a información sobre a convocatoria: infografía, datas clave, inscripcións, guía explicativa, actividades, atoparédelas aquí.  

Para participar no proceso é imprescindible inscribirse no seguinte formulario que estará aberto ata o 30 de setembro de 2023. 
A data límite para remitir as conclusións das actividades é o 15 de outubro de 2023. 

Para todas aquelas entidades que queirades coñecer un pouco máis sobre a convocatoria, teñades dúbidas ou queirades que vos contemos un pouquiño máis do proceso, ofreceranse unha serie de webinars en liña informativas durante o mes de xuño (a mesma sesión, repetida varios días, alternando horarios de mañá e tarde).  En necesaria inscrición en este formulario. As posibles datas, atoparédelas dentro do mesmo. 

Esperamos que vos animedes a participar nesta convocatoria que ten como interés tratar unha temática tan relevante como a pobreza infantil. 

Para calquera dúbida, podedes trasladala ao seguinte email da Plataforma de Infancia estatal participacion@plataformadeinfancia.org 

Ou no caso de precisar máis información sobre accións que terán lugar en Galicia, podedes contactar coa Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia en secretariatecnica@infanciagalicia.org

Sobre a POIG

A Plataforma de Organizacións de Infancia Galega fundada no ano 2018 agrupa a 36 organizacións que comparten o obxectivo de defender, promover e protexer os dereitos das nenas, nenos e adolescentes no territorio galego.

Tags: 20NDereitos da InfanciainfanciagaliciaPOIGproceso participativoXunta de Galicia
Previous Post

Xuntanza de traballo do CAIA

Next Post

Nova Xuntanza do Grupo de Participación da POIG.

Related Posts

A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación
Dereitos

A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación

26/05/2025
Historias para entendernos mellor – 23 de abril, Día do Libro
Dereitos da infancia

Historias para entendernos mellor – 23 de abril, Día do Libro

23/04/2025
Internet segura para protexer os nosos dereitos no mundo dixital
Dereitos da infancia

Internet segura para protexer os nosos dereitos no mundo dixital

11/02/2025
Nova formación en liña: “Guía de Formación de Activistas Xuvenís polo Dereito á Educación”
Dereitos

Nova formación en liña: “Guía de Formación de Activistas Xuvenís polo Dereito á Educación”

28/01/2025
Redeir@s na segunda Xuntanza anual
Dereitos da infancia

Redeir@s na segunda Xuntanza anual

25/10/2024
O Dereito a Ser Escoitado/a: A Voz da Infancia Importa
Dereitos da infancia

O Dereito a Ser Escoitado/a: A Voz da Infancia Importa

11/09/2024
Next Post
Nova Xuntanza do Grupo de Participación da POIG.

Nova Xuntanza do Grupo de Participación da POIG.

Financia:

Siguenos

  • Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal

Copyright © 2021 Redeiros

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti

Copyright © 2021 Redeiros