|

Nova Xuntanza do Grupo de Participación da POIG.

Este pasado sábado 21 de Outubro, celebrouse unha nova Xuntanza do Grupo de Participación Infantil da POIG, dentro do Programa Redeir@s financiado mediante as subvencións destinadas a programas de fins sociais mediante o IRPF da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta. Este grupos de nenos, nenas e adolescentes, xuntanse varias veces ao ano, para trasladarnos a súa opinión sobre as temáticas que influen na vida da infancia.

Primeiramente, nesta xuntanza aprendimos un pouco sobre a LOPIVI. A LOPIVI é a nova lei de prevención da violencia contra infancia e adolescencia. Aprobouse no 2021. Ademais actualmente estase traballando para poñer en marcha as actuacións recollidas na mesma.

Participantes na Xuntanza do Grupo de Participación.

En segundo lugar, nesta ocasión participaron nesta xuntanza nenos e nenas de entidades de Coruña, Vigo, Vilagarcía e Santiago. Puideron trasladar a visión compañeiras do rural e de zonas urbanas Como tal, temos unha visión dos dous contextos cos que nenos e nenas de Galicia conviven.

Por outra banda, realizamos unha actividade sobre os dereitos e a participación. Namentres percorrían as probas da xincana, ían realizando as súas aportación sobre educación, violencia e outras temáticas. Como tal, repasaron conceptos importantes dos dereito, crearon estrofas para defender os mesmo. Por unha banda traballaron en como modificar situacións de violencia do seu día a día. Por outra banda, deseñaron as súas aulas ideais.

Non obstante, a nosa parte favorita non podía ser outra que compartir unha comida mentras falamos mais tranquilamente so seu día a día. Ata nos animamos a sacar uns balóns de baloncesto para aproveitar un momento de distensión e compañeirismo.

Rematamos a xornada realizando unhas peticións que recollimos no Manifesto anual para o día da infancia, que estamos preparando para ensinarvos. Esperade as nosas próximas publicacións!

Podedes seguir as conclusións deste día nas seguintes publicacións e nas nosas redes:

– Espazo Web: https://redeiros.org/

– Instagram: https://www.instagram.com/redeiros_as/

– Facebook: https://www.facebook.com/redeiros.as/

– Twitter: https://twitter.com/Redeiros_as

O Grupo de Participación Infantil e Adolescente da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) é un grupo composto por nenos, nenas e adolescentes de entre 8 e 17 anos das entidades membro da plataforma.

Dende Redeir@s, programa subvencionado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia mediante as subvencións a programas de interese social mediante a recaudación do IRPF, búscase dar voz aos nenos, nenas e adolescentes para que as súas demandas cheguen aos responsables das políticas de infancia galegos/as.

Publicaciones Similares