• Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal
martes, noviembre 11, 2025
  • Login
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti
No Result
View All Result
Redeiros

O CDR O Viso conmemora o Día da Infancia a través de diversas actividades en Xinzo de Limia

admin by admin
29/11/2022
in Dereitos da infancia, Novas
0
Celebración 20N

O CDR O Viso celebra o Día da Infancia

0
SHARES
208
VIEWS
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

O pasado 20 de novembro foi o Día da Infancia e a Adolescencia, no que se conmemora a Declaración Universal dos Dereitos da Infancia no ano 1989. Con motivo deste acontecemento desde o Centro de Desenvolvemento Rural O VISO quixeron traballar con rapazada de idades diversas.

Elas e eles afondaron nos seguinets dereitos fundamentais:

  1. a non discriminación
  2. o interese superior dos nenos e das nenas
  3. o dereito á vida
  4. á supervivenciae ao desenvolvemento
  5. e á promoción da participación infantil

A través da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e baixo o lema “Participamos, é o noso dereito” leváronse a cabo varias actividades co obxectivo de darlles voz e promover o seu dereito de participaren da vida social e política do concello.

O pasado luns 21 de novembro achegáronse ó CIX un grupo de persoas de Formación Profesional Básica do  IES Lagoa de Antela para aprender a defender os seus dereitos usando internet, así como participar no Buzón Cidadán da web do Concello de Xinzo de Limia.

Nesta mesma semana, e en colaboración co CEIP e ANPA  Rosalía de Castro  de Xinzo de Limia, traballouse cos cursos de 3º e 4º de Primaria co obxectivo de interiorizar os dereitos infantís propios e o respecto polos das demais persoas.

A través de dinámicas participativas entre alumnado e profesorado conseguiuse poñerlle nome ós dereitos e deberes das persoas, valorar o poder da palabra e respectar a intimidade.

Por último, e para facer real a participación e darlle voz ás necesidades da infancia, as rapazas e rapaces escribiron propostas e entregáronas todas no rexistro do Concello de Xinzo de Limia, para que as súas peticións sexan tidas en conta polo goberno municipal. Nun exercicio de responsabilidade colectiva fixeron uso da palabra e solicitaron, entre outras:

  • O coidado, limpeza e melloras do Río Limia.
  • A creación de zonas de xogo novas para estas idades en varios lugares.
  • Espazos para a práctica do deporte na propia vila, non ás aforas.
  • Reducir a presenza dos coches na vila e máis espazos naturais.
  • Parques específicos para animais e control dos excrementos nas rúas.
  • Compromiso coa non violencia e non ás guerras.
Nenos e nenas entregando propostas de mellora no Concello de Xinzo de Limia

Tanto desde o CEIP Rosalía de Castro, a ANPA  e o CDR O VISO reivindican o seu compromiso cos Dereitos da Infancia; ademais de estar traballando nun plan a longo prazo dentro do propio centro e dirixido a toda a comunidade educativa, queren que outras institucións, entidades, asociacións e a comunidade limiá se unan a este compromiso.

Se conseguiguen unha vila e unhas aldeas pensadas para a infancia, vivirán mellor.

Esta actividade enmárcase dentro das propostas da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e finánciao a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada a programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda de persoas físicas.

Tags: 20NDereitos da InfanciaDía da infanciainfanciagalicia
Previous Post

25 de Novembro, Día contra a violencia cara as mulleres.

Next Post

A infancia coruñesa ten moito que dicir

Related Posts

Unha nova xornada de participación de Redeir@s cara ao Día da Infancia 2025
Dereitos da infancia

Unha nova xornada de participación de Redeir@s cara ao Día da Infancia 2025

04/11/2025
Cando a escola se converte nun lugar de vida. Educar con dereitos e participación
Educación

Cando a escola se converte nun lugar de vida. Educar con dereitos e participación

09/09/2025
Diez representantes de la POI de Galicia se incorporan al CAIA en su nueva legislatura
CAIA

Diez representantes de la POI de Galicia se incorporan al CAIA en su nueva legislatura

02/06/2025
A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación
Dereitos

A voz da infancia e adolescencia chega ao Parlamento de Galicia coa Campaña Mundial pola Educación

26/05/2025
Historias para entendernos mellor – 23 de abril, Día do Libro
Dereitos da infancia

Historias para entendernos mellor – 23 de abril, Día do Libro

23/04/2025
O arco da vella que levas dentro
Educación

O arco da vella que levas dentro

11/04/2025
Next Post
sementando participación

A infancia coruñesa ten moito que dicir

Financia:

Siguenos

  • Personalizar Cookies
  • Política de Cookies
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal

Copyright © 2021 Redeiros

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
No Result
View All Result
  • Sobre nós
  • Espazo seguro
  • Comunidade Redeir@
  • Talleres
  • Blogs
    • Añadir entrada
  • Contacta e participa
  • Recursos Redeir@s
    • Recursos POIG para ti

Copyright © 2021 Redeiros