Este luns celebramos na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o Día da Infancia, nun acto organizado pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) en colaboración coa Xunta de Galicia.
O acto estivo presentado por catro dos participantes no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia, CAIA. Estas mozas foron as encargadas de darlle a palabra, nun comezo a vicepresidenta da POIG, Mónica Viqueira.
Seguidamente falou Jacobo Rey, Director Xeral de familia, infancia e dinamización demográfica. O director xeral destacou os avances que durante ete ano se realizaron en Participación Infantil, especialmente coa creación do CAIA.
Ademais, os colexios participantes no día da infancia, trasladaron as súas análises sobre os dereitos da infancia. Un total de 200 nenos e nenas de entre 8 e 14 anos asistiron ao acto, ademais de docentes e persoal das entidades que traballan con infancia.
O primer centro en expoñer ás súas conclusións foi o CEIP Alborada, de A Coruña. A temática escollida por este centro, foron os bens de primeira necesidade. Destacaron a importancia dos alimentos básicos e do acceso aos mesmos.
Especial mención debemos facer á exposición da Fundación Down Compostela sobre a Pobreza Infantil. Dende a súa visión aportaron as súas propostas de mellora. A continuación o CEIP Rosalía de Castro, de Xinzo de Limia, falaron sobre a importancia do Ocio e Tempo libre e a necesidade de ter tempo liberado para xogar e socializar sen ter actividades extraescolares que cubran todo o seu tempo.
Mais adiante, o CEIP Labarta Pose, de Zas e o CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos, trasladaron a importancia de unha educación completa na infancia. Ademáis destacaron a importancia dos materiais indirectos que fan falta para unha boa educación, como son as novas tecnoloxía ou a roupa. Finalizaron cunha mención a importancia de eliminar o absentismo e o abandono escolar.
Para rematar, o Colexio Carmelitas de Ourense, falou da saúde de nenos e nenas e da importancia de asegurar non só a importancia dunha saúde física senón tamén emocional e psicolóxica. Por último, neste acto tamén participaron mozas de Down Compostela, para trasladar a súa voz sobre a importancia de loitar contra a pobreza infantil e a necesidade de asegurar que tódolos seus dereitos fundamentais estean cubertos.
Este acto foi amenizado polos Gallos del Norte, que ao longo da mañá realizaron varias actuacións de rap improvisado sobre os dereitos da infancia.