Acto Central Dereitos da Infancia

Este luns 21 de Novembro, celebrouse o acto central polo Día Mundial dos Dereitos da Infancia. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, xunto coa Xunta de Galicia, convidou a varios Centros educativos e entidades a celebrar con eles esta data.

A este acto acudiron Xesús Vilas, presidente da POIG e Cristina Blanco, subdirectora xeral de política familiar, infancia e adolescencia. Así mesmo, acudiron 5 centros educativos galegos:

  • CPR A Inmaculada (Maristas- Lugo)
  • CPR Plurilingüe Luis Vives (Ourense)
  • CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero- A Coruña)
  • Colexio Plurilingüe Carmelitas (Ourense)
  • CEIP Labarta Pose (Zas-  A Coruña)

Igualmente, participaron duas entidades para mostras as opinións dos NNA de diferentes colectivos en risco:

  • Fundación Secretariado Xitano (Pontevedra)
  • ASPACE- Amencer (Vilagarcía de Arousa- Pontevedra)

Primeiro comezamos o acto coa gran presentación de Aroa e Mateus, os nosos presentadores do día, que derón paso as palabras de Xesús Vilas e Cristina Blanco.

Despois de estas intervencións, os presentadores foron dando paso ás instervencións dos centros e entidades. É mais, cada un dos grupos participantes, fixeron unha exposición sobre os Dereitos que nenos, nenas e adolescentes deben ter.

Alumnado do Colexio Plurilingüe Carmelitas (Ourense) no Acto Central Día da Infancia

Neste Acto Central Dereitos da Infancia, os centros educativos podían escoller o dereito que querían representar e como querían facelo.

Primero, os centros educativos falaron do dereito á opinión, do dereito á educación e a igualdade de trato entre outros. Tamén, as mozas de Amencer- Aspace, faláronnos do dereito á intimidade é ao xogo, ademáis de recordarnos que a comunicación para exercer estos dereitos non ten que ser só oral.

Agradecemos a tódolos nenos, nenas e adolescentes que acudiron na representación da Infancia galega a defender os nosos dereitos.

Por último, podedes leer mais sobre os Dereitos da Infancia en:

– Espazo Web: https://redeiros.org/

– Instagram: https://www.instagram.com/redeiros_as/

– Facebook: https://www.facebook.com/redeiros.as/

– Twitter: https://twitter.com/Redeiros_as

Publicaciones Similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *