| | | | |

O arco da vella que levas dentro

Cada neno e nena leva un arco da vella no corazón.

Cando ves un arco da vella, en que pensas? Sabías que está formado por sete cores?  E que cada unha pode contar algo sobre ti?

Cada cor simboliza unha parte de ti, dunha emoción, dun soño, dun xogo…

Cada cor fala de como es e de como te sentes.

 

💜 Violeta: misterio

O violeta representa o misterio e a maxia.
É a cor das preguntas sen resposta, das aventuras por descubrir e dos contos que aínda non foron contados.

🩵 Añil: imaxinación

O añil é como unha ponte ao mundo dos soños.
Invítate a soñar esperto e vivir historias noutros mundos onde todo é posible.

 

Captura de pantalla 2025-04-11 a las 14.44.42

💚 Verde: equilibrio

Verde como a herba fresca, como os bosques e os ríos.
É equilibrio, harmonía… e tamén un pouco de curiosidade

💛 Amarelo: alegría

O amarelo brilla como o sol.
É a alegría de xogar co teu mellor amigo, de cantar moi alto ou de rir sen parar.

🧡 Laranxa: diversión

O laranxa mestura a enerxía do vermello coa alegría do amarelo.
É pintar, disfrazarse, facer castelos con caixas… É crear e pasalo ben.

❤️ Vermello: enerxía

O vermello é o corazón que latexa forte cando fas algo que che encanta.
É impulso, entusiasmo, ganas de probar cousas novas. Correr, saltar, non parar!

 💙Azul: tranquilidade

A cor do ceo e do mar.
É calma, tranquilidade e sentirse seguro. É mirar as nubes e deixar pasar o tempo.

🎨 E ti? Con que cor te identificas hoxe?

Todos somos un conxunto de cores que viven dentro de nós.
Hoxe podes sentirte máis amarelo, mañá quizais máis azul… e iso tamén está ben.

Os nenos, nenas e adolescentes sodes luz, sodes cor, sodes alegría.
Sodes o arco da vella que fai máis fermoso o mundo.

 

Publicaciones Similares